La artista gallega Antía Muíño.

La artista gallega Antía Muíño. Raso Estudio

Música

Antía Muíño, la cantautora gallega que se consolidó en 2022 y acabó conquistando Times Square

Charlamos con una de las artistas más prometedoras de la música gallega que ha se ha convertido en un pequeño fenómeno con su primer disco, Carta Aberta, llegando a ser embajadora de la plataforma Spotify

8 enero, 2023 06:00

La música gallega no deja de dar grandes nombres en los últimos años de artistas jóvenes que están revolucionando el panorama como Baiuca, Ortiga o Berto, entre mucho otros. En el año 2022 un nuevo nombre su sumó a esta lista tras la consolidación definitiva de Antía Muíño, una joven cantautora que vive un gran momento.

Antía Muíño nació en Santiago de Compostela en 1992 y desde muy pequeña tuvo relación con la música. Este año lanzó su primer álbum, Carta Aberta, compuesto por 11 canciones. Un pequeño fenómeno que terminó por todo lo alto tras aparecer en el Billboard de Times Square como embajadora de Spotify. Hoy hablamos con una artista que dará mucho que hablar en 2023.

Como foron as túas orixes no mundo da música?

Empecei desde moi pequena, cantaba na casa, sempre houbo moita musica e estiven moi estimulada. De pequena fun a clase de pandeireta e de baile galego, mergulleime na música tradicional, estiven moitos anos nun grupo de cantareiras e os meus inicios veñen de aí.

Cando pensaste en adicarte a isto de maneira profesional?

Estiven no conservatorio e fixen todo o ciclo. A múisca sempre estivo aí conmigo, dunha forma moi indisoluble, pero nunca mo plantexei para vivir diso exclusivamente, foi fai uns anos, cando vin que a saída para facer a miña propia música, que podía ser unha saída viable.

Para alguen que non te escoitara, a música tradicional e parte do teu arte, pero como definirías o teu estilo?

Eu bebo de moitas fontes, a música tradicional é unha máis. Nalgúns temas a mesturo con jazz ou pop. Gústame a música de autor, que bebe da música latinoamerica. Todas esas músicas de raíz están moi presentes, porque é o que eu escoitei. Nos anos de conservatorio puiden tocar moitos paos e así puiden construir o meu propio sonido.

Que artistas tes como referentes?

Cóstame esa pregunta (ríe). Non teño referentes claros, gústanme Silvia Pérez Cruz, Mercedes Peón, Xabier Díaz ou Joni Mitchell. Gústanme as voces que me din algo distinto, bebo da música brasileira, de artistas como Caetano Veloso ou Vanessa moreno, son grandes nomes, pero non me gusta tildalos de referentes porque escoito música moi distina e moitas inflúenme.

Falando de Xabier Días, colaboraches con el, como foi traballar con alguen que admiras?

Foi moi bonito que se fixara no que eu fago, que lle gustara moito a miña voz, tanto como para colaborar no seu ultimo disco. Foi unha experiencia moi linda, temos a misma maneira de ver a música e unha sensibilidade parecida. Foi unha experiencia marabillosa.

Este ano publicaches o teu primeiro álbum, Carta aberta, como recibiches o éxito?

Estouno recibindo moi ben, sempre tes cando lanzas algo de dúbida. Eu estaba feliz, xa cando rematamos o proceso, feliz e satisfeita, para min o exito xa estaba aí. Para min o exito e ter a oportunidade de sacalo, está sendo moi gratificante, ver que hai un feedback, xa o vimos cando sacamos os sinxelos, pero hai esa resposta que agardábamos.

Dos concertos de este ano, cal te fixo máis ilusión?

Estos concertos ainda non foron da xira, pero desde fai dous anos temos a oportunidade de tocar en directo a maiora de temas que están no disco e outros que descartei. Ten a particularidade de que o normal e gravar e logo rodalo, pero eu fixen o reves, vimos cales funcionaban e logo gravamos. Todo foi un proceso de aprendizaxe moi intenso e moi bonito, fun construindo o disco co público. Concertos no principal de Santiago foi máxico, gústanme os concertos en pechado, é moi bonito, e agora con ganas de presentar o disco máis propiamente a partir de febreiro. Faremos unha xira por distintas cidades.

Remataches o ano conquistando Times Square

Non o espera para nada e foi froito do traballo. Que un xigante como Spotify collera un proxecto como o meu, cun selo independente, a verdade é que estar aí e algo insólito ou atípico, estou feliz que se aposte pola música e polo meu primeiro disco. Non se podía rematar mellor o ano.