La apuesta por el turismo de la provincia de A Coruña: sostenibilidad y respeto por el entorno
Desde la Deputación da Coruña el objetivo es poner en valor la diversidad de la provincia para atraer a un turismo de cada vez mayor calidad, respetuoso con el territorio y sus habitantes
26 enero, 2024 05:00La Diputación de A Coruña ha presentado en FITUR su propuesta de turismo para el año 2024, y no opta por más, sino por mejor. El organismo provincial ha presentado una apuesta por la sostenibilidad del turismo en todos sus sentidos: la provincia más poblada y diversa de Galicia busca atraer a un público que experimente el territorio de otra manera, empapándose de sus paisajes, su gastronomía y su cultura y sin alterar la vida de sus visitantes.
Como punto de partida para esta nueva estrategia que no busca más turistas, sino mejores, la Diputación va a impulsar este año cinco planes de sostenibilidad turística centrados en unas áreas concretas: se trata de las siguientes:
- Os fogóns do Anllóns: Una iniciativa para potenciar la gastronomía de la zona de Bergantiños.
- Fragas do Eume: Un proyecto para potenciar esta reserva natural que rodea al río Eume por su paso por la provincia de A Coruña.
- Xeoparque Cabo Ortegal: Una iniciativa que la Diputación ha estado impulsando estos últimos años para poner en valor la comarca de Ortegal (Ortigueira, Cariño, Cerdido y Mañón) impulsando su experiencia turística.
- Vía Verde Compostela – Tambre – Lengüelle: Un camino para peatones y ciclistas sobre la vieja vía de tren que unía A Coruña y Santiago. Esta vía contará pronto con 36 kilómetros, desde el Concello de Santiago hasta Cerceda.
- Centro histórico de Ferrol y Patrimonio Militar da Costa Ártabra: Potenciar el valor turístico de la ciudad de Ferrol y su rica historia asociada al mundo militar, tanto por la base como por los astilleros. También poner en valor las viejas baterías de costa y otro patrimonio histórico militar de la zona.
Xosé Regueira: "O potencial está na nosa diversidade"
O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, foi quen presentou o pasado mércores o plan do organismo en FITUR, poñendo como exemplo a iniciativa da Vía Verde, e invitando a unha reflexión sobre a sustentabilidade do turismo e a necesidade de que non solamente os turistas elixan a provincia da Coruña, senon que A Coruña tamén elixa aos seus turistas.
Por qué a aposta polo turismo sustentable por parte da Deputación da Coruña?
Eu creo firmemente que o turismo a medio prazo ou corto prazo ou é sustentable o non vai poder ser. E non é que o diga eu. É que os analistas e expertos nos grandes foros do sector o dicen constantemente: o cambio climático xa é imparable, incluso máis acelerado do que se agardaba, e logo está cambiando o paradigma do turismo. Hai certos vicios turísticos que se foron impoñendo á hora de xestionar a economía do turismo en todos estes anos de crecemento. Os números do 2023 foron xa moi superiores aos de 2019 e as previsións de 2024 son dun crecemento que dobra ao resto das comunidades do Estado. Os datos económicos son moi bos e as personas están intentando buscar un pedazo económico del, pero, a costa de qué? A costa de desvirtuar o turismo, perder calidade e turistificar ao mesmo nivel todos os destinos. Que pasa con esto? Que lle afecta á población local. Polo tanto é necesario facer unha política responsable, e deso se trata.
Entón, a sustentabilidade non solamente é respecto polo medio ambiente, senon tamén pola xente que vive no destino?
A sustentabilidade ten que ser redonda. Efectivamente, ten que haber un equilibrio a nivel medioambiental pero tamén a nivel de sistema social, de dereitos, de deberes, e tamén hai unha sustentabilidade ecónomica e de emprego que hai que ter en conta. Sería ilóxico e un suicidio decir "Non queremos turismo" como algunhas voces as veces se atreven a dicir. O turismo é un sector que emprega, que da oportunidades, que mellora o benestar das persoas, pero como a calquera actividade na vida, hai que lle poñer condicións. Agora estamos no momento en que temos que decidir qué queremos que sexa o noso turismo e que non estamos dispostos a facer. E creo que nese equilibrio é onde vai a estar o obxectivo a medio plazo. Creo que Galicia e a provincia da Coruña teñen un montón de proxectos e oportunidades que si se traballan ben vannos poder ter un turismo de moita calidade e moi pouco impacto no territorio. Agora vai depender de nós.
Unha das cousas que están a ter máis impacto na poboación do territorio é o tema das vivendas turísticas. Pode facer algo a Deputación da Coruña dentro das súas competencias ou é un tema dos concellos?
Eu diría que é un tema de lexislación marco. Os concellos evidentemente teñen capacidade, pero creo que estamos sen un marco legal claro a nivel autonómico. Temos unha lei do ano 2011, cando non existía o problema do autocaravanismo incontrolado, nin o da vivenda turística, nin estabamos en cifras millonarias de visitantes. Fai falta unha ferramenta legal que lle dea cobertura ás diferentes medidas que hai que tomar. Por outra banda, creo que nese factor de madurez que é necesario traballar agora, fainos falta tomar decisións que as veces son ingratas. Non é fácil dicirlle á xente que ten vivendas turísticas que non vai poder ser, ou polo menos que non vai poder ser así. Pero hai que ser valentes, porque a calidade do turismo e as oportunidades que nos traia van depender das decisións valentes que se tomen.
A provincia da Coruña é a máis poblada de Galicia e ten dous dos puntos extremos da España peninsular, pero ademais é moi diversa: Ten a costa Ártabra, o golfo Ártabro, a Costa da Morte e parte das Rías Baixas. Como se fai para aunar todo e por en valor o destino?
Nós consideramos moito máis o valor turístico de cada porción do territorio. Na diversidade vemos unha oportunidade. Entón querer vender a provincia como unha unidade sería ilóxico e ademais non obedecería a una realidade. Acabas de dicilo moi ben. Se solo obedecemos á costa, a provincia da Coruña ten 956 kilómetros de costa. A que máis costa ten, máis que as illas (Baleares e Canarias). Pero hai unha diversidade enorme. Non ten nada que ver a costa de Ortegal co Barbanza. E a Costa da Morte incluso discutimos polos marcos. Para un de Malpica, Carballo non é costa da Morte.
Pero é que ademais hai un interior riquísimo. Somos o epicentro dos camiños de Santiago. Polo tanto, todo o que entra dese turismo tamén acaba aquí. E ademais, temos un patrimonio moi potente na provincia. Temos un casco histórico da UNESCO como é Compostela, patrominio mundial; unha Torre de Hércules na cidade da Coruña, patrimonio mundial; unha reserva da biosfera ao lado da Coruña, tamén patrimonio mundial. E un Xeoparque de Ortegal que é patrimonio mundial. Todo iso a unha hora e media de distancia unha cousa da outra. É fantástico. Pero despois cada trozo de territorio conserva unha identidade propia. A Deputación da Coruña decidiu que a súa estratexia de turismo iba a ser en alianza con cada territorio concreto e non impoñer un modelo unitario para todo o territorio. É o mesmo modelo que fai a Xunta cos xeodestinos. Dentro da marca Galicia ten dividido o territorio en diferentes xeodestinos. Nesa diversidade está o noso propio potencial.
Na vosa presentación dixeches que o turista ten que valorar e cuidar o que visita. Cómo pode ser algún exemplo de iniciativa para acadar este obxectivo?
É unha moi boa pregunta. Eu dixen que non íamos ser egoístas, que queremos compartir os nosos valores co resto do mundo, e polo tanto abrir o noso paraíso ao turismo. Pero non a calquer prezo, e elixindo. O turismo é un mercado e non se diferencia tanto dunha feira de comercio. Eu se abro un comercio no que vou vender Calvin Klein, Prada ou Louis Vuitton, voume ter que dirixir a un público concreto que sei que vai ter poder adquisitivo e comprar o perfil de produto que eu vendo. A ninguén se lle ocurre abrir unha tenda de ese perfil e colocalo nun mercado de legumbres onde as amas de casa van comprar, porque non é o seu cliente.
Nós temos que aprender a decidir o cliente. Vouno explicar moi fácil. Cataluña vai abrir esta primavera unha ponte aérea con Dallas (Texas, Estados Unidos). O turista de Dallas gasta en destino 270 euros cada día. O turista medio que ven á provincia da Coruña gasta cada día entre 50 e 70 euros. Que turista queremos ou merecemos captar nós? O de Dallas. Temos que establecer a estratexia que nos permita captar ese tipo de turismo que poida gasta máis diñeiro no territorio e ademais seguramente teña intereses diferentes dalguén que chegue en tres horas a Galicia e veña pola simpre razón de que "é moi barato e cómese moi ben". Entón, cando me refiero a saber elixir, refírome a ir aos mercados que nos interesan.
Nós temos un destino cunha gastronomía de alto nivel, un produto de alto nivel, unhas paisaxes extraordinarias, unha xente hospitalaria, tres ciudades moi humanas e pequenas, e queremos conservar eso con xente que saiba valoralo.