Teñen as nenas e nenos estereotipos de xénero asociados ás profesións?

Teñen as nenas e nenos estereotipos de xénero asociados ás profesións?

Empresas

Teñen as nenas e nenos estereotipos de xénero asociados ás profesións?

A axencia Líbolis coa colaboración da Deputación da Coruña publican un vídeo para concienciar á sociedade sobre a importancia de educar aos nenos e nenas en igualdade, e así romper os estereotipos de xénero asociados ás profesións

27 marzo, 2021 09:40

Contenido Patrocinado

Bombeiro, policía ou mecánico son profesións que seguen a ser asociadas aos homes; pola sua banda, unha enfermeira ou unha limpiadora sempre se vinculou co xénero feminino. Aínda que nos últimos anos houbo avances na eliminación dos estereotipos de xénero, o certo é que seguen existindo moitas ideas estereotipadas acerca da elección profesional.

As estadísticas amosan que en moitas carreiras e estudos tradicionalmente ocupados por homes ou mulleres vanse equiparando os perfís, de maneira que hai posicións que xa tenden a ser ocupadas indistintamente por ambos sexos; pero aínda hai moitas áreas que seguen a estar dominadas maioritariamente por mulleres ou homes.

Líbolis xunto coa colaboración da Deputación da Coruña apostan pola necesidade de educar en igualdade aos nosos nenos e nenas para romper os estereotipos de xénero, promovendo un entorno libre que permita a
rapazas e rapaces dedicarse a aquilo que máis lles guste, independentemente do seu sexo.

Esta axencia da Coruña, coa colaboración da institución provincial, realizou unha peza audiovisual, producida por Moviola Audiovisuales, na que preguntaron a nenos e nenas de 4 a 7 anos sobre fotografías que mostraban espazos onde se desenvolven diferentes profesións. Os participantes imaxinaron como son fisicamente e como se chamarían as persoas que traballan neses lugares.

As súas respostas demostran que nenas e nenos teñen interiorizado de forma xeneralizada os estereotipos de xénero e os aplican de forma clara cando asignan atributos persoais ou roles profesionais.

Educar en igualdade

Os estereotipos de xénero consolídanse entre os 5 e os 7 anos. Para combatelos, eduquemos en igualdade.” Con esta reflexión péchase o vídeo que foi levado a cabo no centro de inglés Kids&Us Arteixo. Educar en
igualdade é a solución para combater os estereotipos de xénero que limitan o desenvolvemento infantil e condicionan as expectativas vocacionais de nenas e nenos.

Os escasos referentes que rompan con certos estereotipos, a reproducción dos roles tradicionais nos medios de comunicación, a desigualdade da atención e o uso do espacio nos centros educativos, etc. son algunhas das causas de que nenos e nenas pensen que deben aspirar a distintos tipos de profesións no mundo adulto.

Toda a información do proxecto neste enlace : https://www.libolis.com/proyecto/eduquemos-en-
igualdade

Líbolis, unha axencia “guay”.

Líbolis, que como di o seu eslogan “Facemos cousas guais con nenos para as marcas”, é unha axencia de branding especializada no público infantil. Traballan con empresas e entidades públicas que queren educar e concienciar sobre valores tan importantes coma a sostenibilidade, a igualdade, a dixitalización, o emprendemento…

Desenvolven proxectos de RSC, produccións audiovisuais, eventos… para marcas que buscan accións diferentes para nenos, nenas e familias.