Centro Calma: o centro de A Laracha (A Coruña) para coñecerse a través da meditación
Este espazo propón ferramentas para pasar dun estado de estrés, no que as persoas son menos eficaces a nivel de relacións, laboral e de saúde global, a outro en calma grazas á meditación e seguindo a metodoloxía Efecto Dominó
15 enero, 2024 05:00Contenido patrocinado
O Centro Calma é un espazo de exploración no que cada persoa pode coñecerse mellor a si mesma e as súas potencialidades a través da Meditación e do Mindfulness ou Atención Plena. Ubicado no número 8 da rúa Xose Manuel Ferraira Penedo da Laracha (A Coruña), este centro ofrece actividades de meditación dirixidas a grupos de diferentes idades.
Definido como un "espazo para recuperar a calma, sentir benestar e brillar con luz propia", o Centro Calma foi creado por Sabela Facal Graña despois de varios anos de formacións en diferentes escolas de mindfulness e terapia. O centro axuda aos usuarios a obter ferramentas e hábitos para aplicar no seu día a día de cara a conseguir unha estabilidade psico-emocional e unha maior eficacia nos seus obxetivos vitais..
Do estrés a un estado de Calma
O Centro Calma parte da premisa de que cando unha persoa está estresada, é menos eficaz nos planos de relacións, laboral e de saúde global.
Así, as relacións afectivas complícanse, sendo menos fluidas e chegando en ocasións a romperse, creando unha profunda dor.
Ocorre algo similar no plano laboral, onde as relacións se volven máis tediosas ou conflitivas. O rendemento disminúe ou paralízase, aumentando a carga de estrés, o malestar e o bloqueo produtivo e dando desta forma lugar a unha situación circular da que é complicado saír.
Todo o anterior desencadea malestares físicos de diferente índole: sistema nervioso, desregulación das horas de descanso, mala alimentación, falta de exercicio… que non deixan de alimentar a roda de malestar e de ineficacia á hora de acadar os nosos obxetivos e disminúen a nosa motivación.
E como se pode solucionar esta situación? Atopando un estado de Calma e de Equilibrio Emocional estable e duradeiro no tempo, o que permite aumentar considerablemente a eficacia nos obxetivos que nos propoñamos a nivel de relacións tanto familires como laborais, de amizade ou de parella.
Precisamente para lograr este estado de Calma e Equilibrio Emocional, o centro da Laracha proporciona dúas ferramentas fundamentais: a meditación e o mindfulness.
A metodoloxía Efecto Dominó
O Centro Calma alma traballa coa metodoloxía Efecto Dominó, que se basea na idea de que a eficacia funciona cun efecto dominó. Así, o primero paso é localizar cal ou cales son os obxectivos que quere alcanzar cada persoa, así como as súas motivacións para actuar e o obxectivo vital que ten como meta a alcanzar. O enfoque na prioridade dun obxetivo sería a primeira peza a colocar no dominó.
O centro usa técnicas de mindfulness ou atención plena mediante as que a persoa pon toda a súa atención na súa presencia no momento actual, en todos os seus actos cotiáns, sen xulgalo, prestando especial atención ó seu universo emocional, e a meditación que reforza este enfoque.
O segundo paso é definir cales son as seguintes pezas que se queren colocar. Se a primeira é un obxetivo laboral, a segunda talvez sexa un obxetivo relacional e a terceira un tema de súde…cada persoa diseña o seu propio dominó e a orde de colocación das pezas. Todas elas serán arrastradas (acadarán o éxito) pola enerxía do éxito acadado na primeira peza colocada cando se dirixe a atención plena diaria nela.
O último paso é traballar e practicar a través da meditación e o mindfulness o soster a atención nese primeiro obxetivo ou motivación, é decir, manter de maneira deliberada, continuada e consciente esa atención, ampliando e profundizando no obxectivo a nivel emocional e de resonancias no plano físico, nos obstáculos que hai ou que van aparecendo e nos momentos máis expansivos que nos indican o camiño certo.
Obsérvarse dende un estado de meditación usando as ferramentas e a práctica da propia meditación permiten corroborar como as seguintes pezas do dominó se van movendo, e cómo o éxito que comeza pola primeira peza arrastra as restantes.
Esta metodoloxía é aplicada principalamente a nivel grupal nas clases presenciais no Centro Calma, onde destaca o traballo de apoio mutuo, a inspiración e a forza que proporciona o grupo para acadar os obxetivos.