Imagen de archivo de una noche de San Juan en A Coruña

Imagen de archivo de una noche de San Juan en A Coruña iStock

La tribuna

A gran expresión cultural da Coruña

A alcaldesa da Coruña convida á cidadanía a gozar da festividade popular coruñesa con "sentidiño" e deixando limpas as praias para dar por comezado o verán

22 junio, 2024 12:39

Os coruñeses e coruñesas somos de natureza orgullosa. Temos razóns abondo para sentirnos así, de todo tipo. Pero unha moi rechamante é a nosa capacidade para a festa, a nosa condición de cidade hedonista. Xa saben o que conta o dito, que mentres outras urbes de Galicia traballan ou rezan, A Coruña divírtese. E ese dinamismo que nos define podemos comprobalo todas as semanas, pero moi especialmente nunha data concreta, a que vai do 23 ao 24 de xuño, ou sexa San Xoán, a gran festividade popular coruñesa.

É todo un espectáculo. Tamén un fenómeno que amosa moitas das características da cidade alegre e aberta que somos. Son moitos os visitantes que recibimos nesta xornada, como corresponde ao seu carácter de Festa de Interese Turístico Internacional, e sempre marchan alucinados polo ambiente que se vive, que ademais conta con moitas capas. Temos a sensacional imaxe da ensenada do Orzán, onde milleiros de lumeiradas nas praias compoñen un retrato único no noroeste peninsular. Temos tamén os espectáculos culturais. E, por suposto, temos os barrios. Neles reside a identidade da Coruña e eles tamén son protagonistas. Non hai un so lugar da cidade que non conte coas súas cacharelas ou con esas pequenas sardiñadas en calquera curruncho. Todos e todas saímos á rúa. A disfrutar, a estar cos nosos.

Pero unha celebración deste calibre non sería posible sen aqueles que nos coidan. Ademais de apelar ao habitual sentidiño, San Xoán ten lugar grazas ao servizo público de moitos e moitas. Desde o Concello coordinamos un dispositivo de seguridade formado por 650 persoas, que inclúe Policía Local, Policía Nacional, Bombeiros, Protección Civil ou persoal de Urxencias do 061. Un despregamento acorde a unha noite na que o sentido festivo da cidadanía debe completarse co respecto polo noso patrimonio, monumental ou natural, como adoita ser. Nese sentido, lembremos que as 06:00 horas do 24 de xuño se desaloxarán as praias para a súa limpeza, para o cal recoméndase recoller os residuos no momento de abandonar os areais, pois a pleamar será ás 6:39 horas da mañá, o que axusta moito o tempo da limpeza.

A Coruña é a cidade do verán en Galicia. Con San Xoán comeza unha temporada de vida na rúas e actividade cultural única no noso arredor, que terá continuación ata setembro, coas festas de María Pita de agosto como outro gran fito. Aínda que neste ano 2024 pode ser que comezáramos antes, grazas as mobilizacións derivadas dos éxitos deportivos do Básquet Coruña e do Dépor feminino e masculino. Eses festexos evidenciaron a capacidade para a diversión cívica e tamén confirmaron o gran momento que vive a nosa identidade, a coruñesa e galega, a que nos converte nunha urbe especial e marabillosa. A que volverá amosar o seu orgullo neste San Xoán, a nosa gran celebración popular. Disfrutémola.

Elenco de Clanes durante la alfombra roja

Netflix elige A Coruña por algo

Anterior
Hoguera en la noche de San Juan.

¿Cuáles son las normas del San Juan 2024 en Oleiros (A Coruña)?

Siguiente