Protagonistas de ‘Os Argonautas e a moeda de Ouro’.

Protagonistas de ‘Os Argonautas e a moeda de Ouro’. Jaime Olmedo.

Audiovisual

‘Os argonautas e a moeda de ouro’ poderá verse en galego na nova plataforma dixital da TVG

O auditorio Abanca en Santiago acolleu hoye a premiere da serie de ficción infantil, á que asistiron autoridades, protagonistas, equipo técnico e máis de 200 nenos convidados

12 enero, 2024 15:40

Os Argonautas e a Moeda de Ouro’, a serie infantil coproducida por RTVE e Portocabo, poderá vese verse na nova plataforma dixital da CRTVG que entrará en funcionamento este mes. Pola sua parte, Clan tamén retomará a emisión dos últimos 10 capitulos da serie que a partir de mañá emitiránse os sábados e domingos ás 20.00 horas. 

Sobre ‘Os Argonautas e a Moeda de Ouro’ 

Trátase dá primeira serie infantil de imaxen real de Clan dirixida a nenos de entre 8 e 12 anos de idade que segue as aventuras dun grupo de amigos durante o verán. ‘Os Argonautas e a Moeda de Ouro’ é unha ficción integradora, na que nenos de realidades diversas únense nunha gran aventura. Unha serie na que a cooperación entre os membros da cuadrilla é sempre a clave do éxito. Os Argonautas enfrontaranse a perigos, misterios e dificultades que fortalecerán a súa amizade e os farán crecer como individuos. 

Protagonistas da serie. Fotografía: Jaime Olmedo.

Protagonistas da serie. Fotografía: Jaime Olmedo.

A ficción coproducida por RTVE e Portocabo, conta co apoio da Televisión de Galicia e do Hub Audiovisual da Xunta financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Eixo REACT-UE. Os 20 capítulos da serie graváronse o verán pasado entre Laxe e A Coruña coa colaboración de ambos concellos. 

Premiere no Auditorio ABANCA 

Con motivo da sua estrea en TVG, o Auditorio ABANCA en Santiago de Compostela acolleu unha multitudinaria premiere onde se proxectaron os tres primeiros episodios. Ademais de contar coa presenza de autoridades, os actores protagonistas e o equipo da serie, as butacas do teatro enchéronse con máis dun centenar de nenos invitados que asistiron ao pase. 

Antes da emisión, o equipo fixo unha presentación da serie que foi representado en lingua de signos para os asistentes xordos que acudiron á estrea. A proxección dos capítulos tamén contou con subtítulos accesibles para persoas xordas, en sintonía cos valores de inclusión e diversidade que promove a serie. 

Na presentación aos medios estiveron presentes o Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez; o Director de AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), Jacobo Sutil; o Director de Contidos da CRTVG, Fernando Ojea; o produtor executivo da serie, Alfonso Blanco (Portocabo) e a directora da serie, Lucía Estévez

Estiveron acompañados polo elenco da serie, do que forman parte intérpretes como Eva Fernández, Federico Pérez Rey ou os actores noveis Aliyah Fidalgo, Sarela Montes, Brais Sixto, Claudia Pujaldes, Juan Rodríguez, Lúa Varela ou Xoel Río.

Presentación no Auditorio de Abanca, en Santiago. Fotografía: Jaime Olmedo.

Presentación no Auditorio de Abanca, en Santiago. Fotografía: Jaime Olmedo.

Sinopse ‘Os Argonautas e a Moeda de Ouro’ 

Alba chega a Rodas, unha pequena vila mariñeira, para pasar o verán en casa da súa tía Helena. Pensa que será un verán aburrido e solitario… non pode estar máis equivocada. Pronto fará novos e marabillosos amigos: Lucas, Sali, Olivia e Nil. Xuntos farán un descubrimento extraordinario: atoparán unha moeda de ouro da época romana que os levará tras a pista dun tesouro. Polo camiño cruzaranse con poderes escuros que tentarán facerlles fracasar. Poderes encabezados por Nina, coa misión de construír unha urbanización de luxo e disposta a roubarlles o tesouro. Pero os Argonautas, lonxe de abandonar a súa loita por salvar a historia de Rodas, enfrontaranse a perigos mentres fan o seu maior descubrimento: a súa amizade é o máis forte que calquera obstáculo que se lles presente. 

Protagonistas da serie. Fotografía: Jaime Olmedo.

Protagonistas da serie. Fotografía: Jaime Olmedo.

Ficha técnica 

  • Xénero: Kids live action 
  • Episodios e duración: 20 x 22 minutos 
  • Creada por: Jose Rubio e Alfonso Branco 
  • Produción executiva: Alfonso Blanco (Portocabo) e Borja Gálvez (RTVE) 
  • Dirección: Toño López e Lucía Estévez 
  • Guión: José Rubio, Alexis Barroso, Sara Gómez, Carlota Dans, Nina Hernández, Nano López Moure e Manuel Darriba 
  • Dirección de produción: Paula Fernández 
  • Dirección de fotografía: Lucía C.Pan 
  • Música orixinal: Santi Jul e Iván Laxe 
  • Dirección de arte: Andrea Pozo 
  • Edición: Lu Rodríguez 
  • Vestiario: Saturna 
  • Perruquería: Yolanda Sousa 
  • Maquillaxe: Bea Vázquez