Belén Puime, directora de ‘Pringadas’: "A xente nova é moi válida para afrontar unha produción"
A produción, nominada aos Premios Mestre Mateo, presentará os tres primeiros capítulos nun evento no que non faltará bo ambiente, festa e moito amor polo talento xuvenil galego
22 febrero, 2023 06:00A ruptura co primeiro amor, o sentimiento de non pertencer a nada, o diagnóstico dunha ETS… tres compañeiras de piso abren o seu diario persoal para contar situacións que lles fixeron pensar "Lol, vaia pringada". Así, a webserie dirixida por Belén Puime presentarase en pantalla coma un retrato da comunidade estudiantil galega. Ademais, tras triunfar no festival de contidos dixitales Carballo Interplay de 2021, acaban de recibir a nominación a un premio Mestre Mateo.
Falamos con Belén sobre os inicios da serie, o equipo que a acompaña, a nominación aos premios e tamén de todo o que teñen preparado para o evento que se celebrará o venres 24 de febreiro no Teatro Colón da Coruña.
- Imos comenzar polo principio… Como e cando xorde a idea de por en marcha este proxecto?
A idea de Pringadas xorde na primaveira do 2021, o ano despois de rematar a carreira. Estaba aínda o COVID e estaba preocupada en cómo facer pra entrar dentro da industria audiovisual dixital, e tras falar con profesionais decidín que a chave estaba en escribir algo que puidera venderme a min como creadora.
- Que outras series dirías que serviron de inspiración para levar a cabo a produción de Pringadas?
Sempre fago a broma de que a miña inspiración son series que teñen a palabra "Chicas" no título, como Girls de Lena Dunham e Derry Girls de Lisa McGee. Aínda que tamén foron referentes moi claros a película CRSHD de Emily Cohn e a serie Sex Education de Laurie Nunn.
- Ata donde sabemos, a maior parte do equipo e xente nova e galega. Poderías falarnos de quen o compoñe?
Sí, a equipa é nova e galega ao 100%. Ningunha de nós chega aos 30 anos e a gran maioría son compañeiras da carreira de Comunicación Audiovisual de Santiago de Compostela. Compóñeno Bea Villar, axudante de dirección e coproductora do proyecto, que actualmente está pisando forte na produción audiovisual de talentos emerxentes, xa que está detrás da produción de Os espazos en Branco longametraxe de Bruno Arias. Outro pilar fundamental é Miguel Gomar, director de fotografía, que sempre digo que remataremos vendo nos premios Goya -ríe- porque é unha pasada o que logra facer incluso con pouco orzamento. El tras rematar o dobre grao en Xornalismo e CAV na USC fixo o Mestrado en Dirección de fotografía na ESCAC e da mesma forma que Bea participou na longa Os espazos en branco e traballou en varias producións da empresa Portocabo. Logo temos a Carmela Vázquez, Lara Álvarez e Camila Ferreyra que son unha graduada e dúas estudantes da ESAD de Vigo, e que a pesar da súa corta idade teñen nocións de música, danza ademáis de interpretación. En concreto foi xente que confiou e entrou directo no proxecto e que ademáis demostrou que a xente nova e recén graduada é moi válida para poder afrontar una produción.
- E sobre ti, sempre tiveches claro que querías adicarte ao sector audiovisual?
Uf eu son como a Barbie, cada día unha profesión diferente. Cando entrei na carreira quería ser xornalista especializada en música, logo decanteime pola produción e máis tarde fixen o mestrado de educación para ser mestra de instituto, así que… -ríe-. Pero creo que esta experiencia axudoume moito a marcar o meu camiño, eu agora mesmo diría que aspiro a ser creadora e productora de contidos para o dixital.
- Se ben é certo que o audiovisual en Galicia experimentou un boom nos últimos anos… Houbo obstáculos ao largo do proceso que implica sacar adiante un proxecto audiovisual?
No noso caso estamos falando dun traballo case "formativo" porque en sí fixémolo cun presuposto de 3.000 euros, o cal non é para nada realista tendo en conta que iso non da nin para comezar a pagar ao teu equipo segundo convenio. O problema chega cando unha vez grabados estos 3 primeiros episodios, apetécenos seguir e profesionalizalo. Existen poucas axudas para series de ficción, sobre todo se non contas co apoio dunha canle de distribución detrás (plataforma ou televisión) e o feito de que non exista unha industria audiovisual de contido xuvenil específico en Galicia, fai que sexa moi complicado encaixar a nosa narrativa.
- Antes de comezar o proxecto, sabías ao que te enfrentabas ou a realidade foi diferente ao que pensabas, para o que che prepararan na universidade…?
Antes de comezar a facer cousas tiña moito descoñecemento en xeral de cómo funcionaba a industria, pero sí que é verdade que como coincidiu á vez que estudaba o Master en Produción Executiva comezaba a entender os pasos a seguir, aínda que penso que segue sendo unha aprendizaxe.
- Aínda que es moi nova, traballaches moito e lograches un recoñecemento co que moitos artistas galegos soñan, pero probablemente vexan complexo ou inalcanzable. Algún consello?
Uf, a min dame ata medo dicir que alcancei algo co que moita xente soña porque sinto que podo quedar como de "flipada" -ríe-. Pero o consello que podo dar é que traballen sempre nas historias coas que realmente sinten unha motivación, porque este traballo é moi duro e "tirar do carro" dun proxecto cansa e chega a facer que te replantees continuamente se queres seguir loitando por el. E logo que estén moi atentos ao seu público e creen maneiras orixinais de conectar con el e estar en constante contacto.
- Que imos encontrar en Pringadas?
Moita cor, brilli brilli, drama e amizade. Moita xente di que é moi liberadora, porque eu intentei huir dun discurso escuro e plasmar todo coa maior normalidade posible. Ao final queríamos que fora un discurso real entre amigas, que puidera reflexar o día a día que moitas vivimos coas nosas compañeiras de piso. Que ollo, tamén me gustan series máis escuras como Euphoria por exemplo. Pero neste caso apetecíame que fose algo máis chill que podas ver para sentirte ben.
- É unha serie cun argumento basado no real ou está ficcionada?
Mmm é unha mezcla. Parto de sensacións e momentos que vivín tanto eu como amigas pero todo está completamente ficcionado.
- E agora situándonos na actualidade: acaban de nominarvos a un Mestre Mateo nesta XXI edición…
Sí! Somos finalistas a mellor serie web nos Mestre e estamos moi ilusionadas! A verdade é que moita xente dicia que íamos ser finalistas pero eu non quería facerme ilusións porque logo como non fora… Pero ao final todo ben e agora pois obviamente vouche dicir que ogallá gañar -ríe- pero imos ser felices pase o que pase, estamos moi agradecidas por estar nominadas e en deuda con toda a xente que apostou por nós. Pero que nos coñeza a academia e ter esta oportunidade de que vexan a serie xa é moi importante porque é unha gran aproximación e validación tanto do proxecto como de nós como profesionais.
- Pero antes dos Mestre Mateo, que se celebrarán o vindeiro 11 de marzo no Auditorio de Ourense, temos unha cita con Pringadas o próximo venres 24 de febreiro. Como vai ser o evento?
Temos un eventazo no teatro Colón para celebrar que somos finalistas e tamén o primeiro ano de vida do proxecto, dende a súa primeira estrea no Carballo Interplay, que foi o festival que apostou por nós e financiou esos 3.000 euros que che comentaba antes. E vai ser toda unha festa, ás 18:00 teremos un photocall pa sentirnos unhas divas e ás 18:30 proxectaremos os episodios e teremos moitas mais sorpresas (actuacions musicais, xogos, humor…) e logo de copitas no Bar Treparole as 21:00 para que siga a festa. Las entradas son gratuitas y se pueden sacar en ATaquilla en el siguiente link.
- E por último, para todo aquel que non poida asistir ou que quede con ganas de máis. Hai algunha plataforma na que podemos ver Pringadas?
Polo momento non está dispoñible en ningunha plataforma, pero esperamos que pronto poida chegar a máis xente.