Ana Pontón.

Ana Pontón. BNG. Santiago de Compostela.

Gastrosantiago

Onde comer en Santiago de Compostela, segundo Ana Pontón

A portavoz nacional do BNG acompáñanos a través dun percorrido polos seus bares e restaurantes preferidos para ir a cada hora do día

22 agosto, 2024 05:00

Natal de Sarria (Lugo), Ana Belén Pontón Mondelo ten unha relación moi cercana coa capital galega. De feito, Ana estuduo Ciencias Políticas e Administración pola Universidade de Santiago de Compostela

A actual portavoz do Bloque Nacionalista Galego converteuse no ano 2016, tras a Asamblea Nacinal, na primeira muller en liderar o partido. Máis tarde, nas eleccións galegas de xullo do 2020, logrou obter para o seu partido os mellores resultados da historia, con 19 deputados, para acadar no 2024 un novo máximo de votos e de escanos, 25. A política, que leva décadas vivindo en Santiago de Compostela, fainos as súas recomendacións.

Onde almorzar

Churrería De San Pedro.

Churrería De San Pedro. Google. Santiago de Compostela.

Dpingas Breakfast Factory.

Dpingas Breakfast Factory. Dpingas Breakfast Factory. Santiago de Compostela.

"Encántame a churrería de San Pedro, un sitio tradicional no que atopas á xente do barrio e no que fan un chocolate con churros excelente. Para algo un pouco máis elaborado encántame tamén Dpingas, que fai uns almorzos espectaculares".

Onde tomar o aperitivo

Abastos 2.0

Abastos 2.0 Abastos 2.0. Santiago de Compostela.

Nave 5.

Nave 5. Nave 5. Santiago de Compostela.

"Para tomar o aperitivo gústame moito a zona do Abastos 2.0. Gústame sobre todo para ir o sábado, un bo día para ir á praza e aproveitar para tomar algo e probar as tapas que serven con produtos comprados na propia praza. É unha opción estupenda, igual que a Nave 5. E apuntaría outra máis aínda, o Muelle, que é un local de toda a vida ao que a nova xeración que o atende lle deu un punto especial pero mantendo a esencia do que sempre foi esta cafetería".

El Muelle.

El Muelle. El Muelle. Santiago de Compostela.

Onde xantar

O Dezaseis.

O Dezaseis. O Dezaseis. Santiago de Compostela.

A Horta d'Obradoiro.

A Horta d'Obradoiro. A Horta d'Obradoiro. Santiago de Compostela.

"A verdade é que en Santiago temos unha hostalería excepcional e é dificil elixir, pero entre os meus lugares preferidos para xantar está, na rúa de San Pedro, O Dezaseis, un clásico cunha carta que sempre é garantía de boa comida. Tamén me gusta moito a Horta do Obradoiro, na rúa das Hortas, cun espazo moi singular para desfrutar e unha cociña que tamén é sempre unha garantía".

Onde pasar a tarde

Da-ca.

Da-ca. Google. Santiago de Compostela.

"Encántame estar na terraza do Da-ca e cando vou, aproveitar para dar un paseíño polo parque de Belvís".

Onde cear

A Moa.

A Moa. A Moa. Santiago de Compostela.

"Para cear, A Moa, na rúa de San Pedro, é unha boa aposta, un deses sitios nos que tamén podes desfrutar en Santiago dunha moi boa comida".

Onde ir de copas ou de festa

Riquela.

Riquela. Google. Santiago de Compostela.

Modus Vivendi.

Modus Vivendi. Google. Santiago de Compostela.

"O Riquela, por exemplo, onde ademais se celebran moi bos concertos, ou, na mesma zona, o Modus Vivendi, un dos bares más clásicos de Compostela que nunca falla".