Onde comer en Santiago, segundo a alcaldesa Goretti Sanmartín
Falamos cunha das figuras femininas máis importantes da cidade sobre os seus esenciais da hostalería local
20 febrero, 2024 05:00Goretti Sanmartín comezou a súa traxectoria política institucional no ano 2018 cando foi elixida portavoz municipal do BNG en Santiago de Compostela. No 2019 converteuse en vicepresidenta da Deputación da Coruña, pero sería once anos máis tarde, no verán de 2023, cando faría historia ao obter seis concelleiros e concelleiras nas eleccións municipais e ser elixida a primeira alcaldesa da cidade de Santiago.
Pero Goretti destaca ademáis por ser filóloga galego-portuguesa, escritora de varias obras publicadas, catedrática en Filoloxía Galega pola Universidade de A Coruña e membra da Real Academia Galega.
Hoxe en Quincemil acompañamos á alcaldesa nunha ruta a través dos seus bares e restaurantes preferidos, aínda que desde o principio aclara que "é moi difícil facer escollas únicas nun lugar coa cantidade e calidade dunha hostalería magnífica. Depende das épocas, os días e as compañías… Por iso van varios lugares para cada un dos momentos do día".
Onde almorzar
"O Paradiso, un clásico para o chocolate con churros, pola proximidade ao Concello ou o Venecia, no Hórreo, dunha familia compostelá de longa tradición".
Onde tomar o aperitivo
"O Pepe Payá, con moi boas tapas, bos viños e excelente ambiente ou a Casa Pepe, próxima ao mercado os sábados; se é no barrio, o Rincón do Gaiás".
Onde xantar
"O Sendeiro ou o Quitapenas, dous estilos diferentes mais con identidade propia no barrio; o Lume ou o Solleiro para un día especial e sempre O Dezaseis, para achares xente encantadora".
Onde pasar a tarde
"A tranquilidade do Airas Nunes, xente con oficio e moi boas tortas e tortiñas ou o Muelle, un lugar de toda a vida con encanto singular".
Onde cear
"O Arte Sana, na Avenida de Ferrol, cociña inmellorábel e magnífica relación calidade/prezo ou A bodeguilla de Santa Marta, con pratos que levan décadas servindo cunha profesionalidade fóra de toda dúbida".
Onde ir de copas ou de festa
"Para unha copa inicial, algo máis tranquila mais con certo balbordo e ganas de festa, o Riquela, lugar onde hai concertos e actuacións de interese, e xa para ir algo máis tarde ou mesmo bailar, outro clásico da noite santiaguesa, o Tarasca".