A propósito do Filloa
Un repaso á traxectoria do Jazz Filloa, un local imprescindible no panorama cultural da Coruña. “What is jazz?. If you have to ask it, you’ll never know it.”(Louis Armstrong)
27 marzo, 2021 08:22Isto non é un artigo de opinión. O que estou relatando son feitos que aconteceron ao longo de catro décadas nun lugar concreto da nosa cidade. Recordos fixados, filtrados e posiblemente alterados en parte pola fráxil e confusa memoria do que suscribe, e co apoio das lembranzas e anotacións gardadas de algúns outros amigos que formaron parte desta historia.
A miña esperanza e a de moitos outros coma min, estou certo, é que isto poida manterse no tempo, ao menos, por algúns anos máis.
O 29 de decembro de 1980 abriú as portas por primeira vez o club Jazz Filloa. Ese día, na Coruña, da man de catro aficionados ao jazz, dous deles músicos, púxose en marcha o que o pasado decembro estaríamos celebrando como 40 cabodano do club de jazz, con exclusiva dedicación ininterrumpida a este estilo musical, máis lonxevo de España. (Pensemos que na nosa veciña Lisboa, o Hot Club of Portugal ven programando dende 1948 sendo o club máis antigo de Europa.)
Durante esas catro décadas a programación do club nutriuse principalmente, no día a día, do jazz local e galego, e cunha alta frecuencia foi extensivo ao resto dos músicos do estado. Porén, xa dende os primeiros anos tiveron lugar nese clube actuacións memorables, xa fosen contratadas ou en formato jam-session onde músicos do talle de Brandford Marsalis, Joe Farrel, Joe Henderson, Kenny Kirkland, Bob Berg, Louis Hayes, Steve Lacy, Mal Waldron, Pedro Iturralde, Gary Bartz, subiron ao escenario. Algúns tivemos a fortuna de formar parte de aquelo, algo sen dúbida para lembrar, un refluxo do corazón. Foron catro décadas coas súas distintas idas e voltas de ton social, económico e cultural, durante as cales o club viu medrar a moitos, senón a meirande parte dos músicos de jazz xa consagrados a día de hoxe en España. Estamos falando de figuras como Carles Benavent, Javier Colina, Perico Sanbeat, Jorge Pardo, Carlos Carli, Horacio Fumero, Miguel Angel Chastang, Paco Charlín, Antonio Bravo, Lucía Martínez, Miguel Cabana, Alberto Conde, Alfonso Morán, Kin García. Abe Rábade, Richi Ferrer, Carlos González, Marc Miralta, Simón García, Raynald Colom, Iñaqui Salvador, etc. Son moitos os que deixarei no esquecimento, seguro.
Pasados os primeiros anos, dous dos socios, Alberto Mella e Antonio Ferreiro fixeronse cargo da continuidade do negocio. Os anos 80 foron todo asombro e enerxía nun país no que cada día facíase un novo achado cultural. E o mundo do jazz local non se comportaba de forma distinta. Foi nesa época cando tiveron lugar de forma paralela as primeiras e contadas edicións do Festival Internacional de Jazz de A Coruña. Pero chegaron os anos 90 e o fastío instalouse de novo, tornámonos cínicos e resabiados e iso precisaba solucións de urxencia. Unha asociación, “Rúa Jazz” fundada por asiduos e fidèis clientes do local, sinceiros siareiros comprometidos coa causa, supuso un soplo de ar fresco e un importante apoio financieiro á xestión nuns anos en que a cousa comezaba a minguar. E así foi que o Filloa mantivo unha programación estábel durante algúns anos máis, o que serviu de transición a épocas máis favorables.
Rondaba o ano 2005 e co apoio dun patrocinador, “Estrella Galicia 1906”, as programacións tornaronse máis internacionáis, aínda que o groso da actividade cotiá continuou nutriendose do jazz da súa contorna. Froito dese patrocinio foi a posibilidade de asistir a concertos íntimos e irrepetibles. Por alí pasaron artistas do nivel de Atomic, Eric Harland, Aaron Parks, Ernie Watts, Omer Avital, Avishai Cohen, David Binney, Aaron Golberg, Jorge Rossy, Sheila Jordan, Antonio Sánchez, Arild Andersen, Al Foster, Zlatko Kaucic, Melisa Aldana. Disculpade se me deixo algún polo camiño.
2008 marca o inicio dunha crise económica en todo o mundo durante a cal o Filloa perseverou programando pese ás dificultades financieiras derivadas, e durante unha década, o local mantivo a súa oferta cultural ininterrumpidamente ata as actuáis restriccións por mor da pandemia mundial. Pensemos en todo momento que se trata dun pequeno club de provincias con capacidade apenas para 45 persoas.
Paralelamente á creación do Jazz Filloa tivo lugar, e a propia actividade xenerada dende o club tivo moito que ver niso, o florecemento e posterior evolución de moitos músicos de jazz locais que tiveron a oportunidade de medrar ao abeiro do club durante os ilusionantes pero desabastecidos, culturalmente falando, anos 80 en España. Un deses grupos era Clunia. Clunia nace a finais do ano 81 cando o trío formado por Nani García, ao piano, Baldo Martínez ao contrabaixo e Fernando Llorca á batería coñecense. Posteriromente o saxofonista natural de Betanzos Antonio Cal, no seu retorno a Galicia, únese ao grupo e aporta a súa experiencia. O grupo non deixa de progresar, obtén a mención e o apoio expreso de Tete Montoliú nunha das súas coincicencias. Participa en festivales cada vez máis importantes. Recibe varios galardóns e telonea a grupos americanos en xira. Durante esta primeira década ten lugar a súa eclosión que logo manterá a lume lento ao longo de catro décadas alternando con distintos e moi variados acompañantes nos instrumentos de vento. Por Clunia pasaron e colaboraron, Antonio Cal, Javier Escaned, María Joao, Jorge Pardo, Miguel Ogando, Tom Hornsby, Alejandro Pérez, Victor de Diego, Antonio Peña, Tom Gullion, Paolo Fresu, Kenny Wheeler, Carmen Rey, Matthew Simon, Roberto Somoza e Pablo Castaño.
Jazz Filloa e Clunia son, así pois, o tándem ideal para celebrar este acto do 40 cabodano que terá lugar coincidindo co Día Internacional do Jazz, 30 de abril de 2021 no Teatro Colón de A Coruña. Sede benvidos.