Exposición en Vigo: O gabinete de curiosidades científicas.
É un espazo para a descuberta da biodiversidade dos fondos mariños, no que se intenta replicar o que sería o gabinete dun naturalista, amosando unha colección de especies mariñas conservadas en alcol realizada por unha bióloga galega.
O 64% da terra encontrase mergullada a máis de 200 metros de profundidade; estamos ante un inmenso mundo sin luz do que apenas coñecemos un 0,001% da súa superficie.
Non é doado facernos unha idea de como se desenvolven os seres vivos neste mundo, pero grazas á investigación mariña e aos novos instrumentos de medición e recollida de mostras, hoxe en día podemos ampliar ese coñecemento.
O gabinete é un espazo reservado para este inventario de especies e hábitats que as campañas oceanográficas actualizan constantemente e que no deixan de sorprendernos polas condicions nas que se desenvolven.