Colección de Pintura Europea en Museo Municipal Quiñones de León - Vigo
Colección de Pintura Europea en Vigo.
O Museo Municipal "Quiñones de León" é unha institución singular en Galicia. A súa sede principal, o Pazo de Castrelos, é unha mostra senlleira da arquitectura nobiliaria galega. Posúe unha valiosa colección artística, arqueolóxica e histórica, coidados xardíns no exterior e un amplo parque ao seu redor. Todo o conxunto, pazo, coleccións, xardíns e parque están catalogados como Ben de Interese Cultural.
A colección de Pintura Europea posúe un total de 128 obras de arte coas que se percorren as máis importantes escolas pictóricas europeas dos séculos XVI a XIX: italiana, holandesa, flamenga, francesa, alemá, española ou inglesa. A variedade temática inclúe todos os xéneros: paisaxe, retrato ou bodegón, entre outros.
Os cadros desta colección proceden na súa meirande parte do legado de Policarpo Sanz e de depósitos realizados, pouco antes de se iniciar a Guerra Civil, polo Museo do Prado e o antigo Museo Nacional de Arte Moderno, actualmente o Reina Sofía.