Xisco Feijoó.

Xisco Feijoó. FB

Música

Xisco Feijoó, en concierto en A Coruña: "A música tradicional galega está nun momento doce"

O músico, que colaborou con Tanxugueiras no videoclip de ‘Midas’, dará un concerto hoxe domingo en Santa Margarita

28 agosto, 2022 06:00

Maestro na Escola de música Folk e Tradicional de Vigo, Francisco Javier Feijoó Álvarez, mais coñecido como Xisco Feijóo, estará hoxe domingo dando un concerto no parque de Santa Margarita de A Coruña. A su actuación está programada para as 23:00 horas.

Feijoó, que colaborou con Tanxugueiras protagonizando o videoclip de Midas, estará esta noite na cidade herculina para presentar o seu primeiro disco, Peixe, un traballo que chega despois dunha larga carreira centrada na docencia, na recuperación da múnica tradicional e nas colaboracions con demais artistas. Agora é o turno de Xisco Feijoó, co que falamos en Quincemil antes do seu concerto.

Que poden ver os coruñeses no concerto do domingo en Santa Margarita?

Neste concerto poderedes ver, cantar, bailar… pero sobre todo desfrutar. Presento un espectáculo completo, que inclúo todas esas facetas. Unha persoa que queira estar sentada, vai poder desfrutar; pero a xente que queria bailar, vai poder bailar. Case todo o repertoiro está baseado en música tradicional de baile galego, hai algún que é mais de escoitar. Eu intentei respetar as estructuras para que a xente poida bailalos como se fora unha foliada. Eu creo que imos pasar unha noite moi fermosa. Que a xente veña; e se ten que protestar, que o faga despois. (risas)

Toda unha vida dedicada a música, pero Peixe é o teu primeiro disco. Sin duda, un traballo moi especial.

Si, moito. Eu non teño fillos, non teño cans, nin gatos… Este é o meu fillo. Despois de estar toda a vida adicado a docencia e a recuperación, así como a participación en discos de xente mais ou menos coñecida, pensei xa hai dez anos, con todo o mateiral que tiña recuperado, que o podería facer algo eu. E polo menos darlle a miña visión. Para min esto énun peldaño mais na miña carreira.

Como se ve reflectida esta recuperación musical tradicional neste disco?

A música tradicional e de recuperación está presente no 100% deste disco. A música de recuperación foi fundamental na nosa terra para ensinarnos a todos que había moito mais aló do que nos estaban ensinando e que hai un xeito de vivir actual totalmente moderno, porque as cousas modernas son as que existen hoxe en día. Por exemplo, hoxe en día vas pola cidade e ves un edificio do século XIX e outro do século XIV. Todo é moderno porque todo está na actualidade.

Como ve Xisco Feijoó o panorama actual da música tradicional galega?

O velo desde dentro é moi difícil. Valorar como funciona a música folk, tradicional ou calquera música dende dentro pode levar a enganos ou a erros. Eu creo que estamos vivindo unha época doce, pero todavía queda moito que sementar. Digamos que estamos nese proceso no que ti plantas un castiñeiro e ves que non vai secar, pero todavía non tes seguro que vai enraizar. Está verde e empeza a dar castañas, pero todavía non está no momento de deixalo.

A música tradicional ten unha gran repercusión nestes momentos. Pensas que veu para quedar?

Eu espero que veña para quedarse. Eu sei que para o gran publico parece que foi un boom con Tanxugueiras porque foron candidatas a Eurovisión, pero realmente esto é un traballo de fondo que ven de hai moitísimos anos. Xa nos anos 60 houbo persoas como Carajaville que convocou a unhas pandereteiras de Mens, en Malpica, que as inlue nos seus espazos de representación pública, e incluso viaxaron por Sudamerica. Nos 70 empeza Xacarandaina na Coruña e os 90 foron un boom brutal. Todo esto é unha carreira de fondo, de moitos anos. Cando ti miras unha flor non significa que aparecera da mañá para a noite, tivo que haber unha planta, un crecemento, un regado, abonado… Agora só temos que coidar para ter mais flores.

Nalgúns dos teus concertos estiveches acompañado das Tanxugueiras, alguna sorpresa para o teu concerto na Coruña?

No disco fixen o que me deu a gana, con 10 temas de música tradicional, onde cada tema dura 7 minutos, cando hoxe en día está prohibido pasar dos tres minutos porque non é orgánico. E agora tamén vou facer o que me da a gana. E o que quero e participar da xente que quero, e que teñen unha capacidad brutal. Nun videoclip estivo Tanxugueiras, pero nun concerto está outra artista que o mellor non ten tanto renome. Eu aquí vou ter a xente de renome como Xacarandaina, para min e unha das asociacións referentes en canto a recuperación, promoción… Todos somos fillos do seu traballo. Tamén van estar comigo uns amigos, que son nai e fillo de Santa Cruz de Oleiros, Pablo e Paula. E vai estar unha grandísima voz, que todavía non é coñecida como solista -voz do grupo Pansenfron-, Antia Vázquez, que vai cantar un tema comigo.