Onde comer en Santiago de Compostela, segundo Fátima Pego
A cantante da Orquestra Panorama e presentadora galega confésanos cales son os seus bares favoritos para tomar algo segundo cada horas do día
23 abril, 2024 05:00Ligada desde moi pequena ao mundo da música e da televisión, Fátima Pego estudou canto, solfexo, piano e ademais licenciouse en Comunicación Audiovisual. En paralelo, participou en diferentes concursos da TVG e formou parte de grandes orquestras galegas como Suavecito, París de Noia e a Panorama, onde traballa actualmente como cantante.
Que Fátima Pego é unha muller polifacética chea de ganas por traballar nótase a primeira ollada, pero esta figura tan coñecida da cultura galega tamén ten tempo para gozar da hostalería máis local da capital galega. Queredes saber cales son os seus lugares favoritos?
Onde Almorzar: O preguizoso
“Un sitio tranquilo para almorzar rico e variado, onde as máis lambonas nos podemos poñer as botas”.
Onde tomar o aperitivo: Antollos
“Pódeste perder na variedade de tapas, de tolos! O complicado é saír de ahí con fame para logo ir xantar”.
Onde xantar: A Noiesa
“Encàntame cómo tratan o noso produto: unha nova visión desde a tradición. O trato do persoal e o ambiente son inmellorables”.
Onde pasar a tarde: Airas Nunes-Café
“O ambiente tranquilo e o espazo acolledor é o que máis me gusta para desfrutar dunha tarde entre amigas, ou con cativos”.
Onde cear: Hervor Fervor
“Un local con encanto onde os haxa e unha gastronomía coidada e tratada con sumo agarimo. Con moitas opcións veganas”.
Onde ir de copas: pub Momo
“Un clásico que nunca falla: Bo ambiente, actividades culturais… acerto seguro!”.