Representación de "Roedores" en Teatro del Andamio - A Coruña
Peludiño é un hámster que escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade. Munda é unha rata soñadora que pasa as noites rebuscando no lixo para levar comida aos seus irmáns. Estes dous roedores terán que deixar atrás os seus prexuízos e traballar en equipo para vencer ao temido gato Beche. Xuntos aprenderán que son máis parecidos do que eles pensaban e que as diferenzas fanos especiais. Ao fin e ao cabo… “Todos somos Roedores”
Roedores é un espectáculo familiar con música en directo no que se fomenta a igualdade. A través das aventuras de Peludiño e Munda a infancia achegarase a conceptos como a igualdade de xénero, de oportunidades, social, de dereitos… E comprenderán o valor da amizade, do traballo en equipo e da propia aceptación.
Espectáculo recomendado para nen@s a partires dos 3 anos.