El Español
Treintayseis
AGENDA
|
Gastronomía, Fiestas, Ferias y Mercados
Ofrecido por:

Feria Franca Medieval de Betanzos 2024: Programa, cartel y agenda completa

Zona: A Coruña
Inicio:Jueves, 11 de julio · 00:00
Final:Domingo, 14 de julio · 23:59
Lugar:Concello de Betanzos

Feria Franca Medieval de Betanzos 2024: Programa, cartel y agenda completa en Concello de Betanzos

Un año más, Betanzos recuerda su pasado y se convierte en un pequeño homenaje al mundo medieval. Desde el miércoles 10 de julio hasta el domingo 14 de julio habrá numerosas actividades en la ciudad.

Mércores, 10 de Sant Iago

  • 20:30: Na igrexa de Santa María do Azougue interpretación, por primeira vez en España, da obra poética O Tratado dos Meses de Bonvnesin de la Riva por conta do grupo de teatro Noite Bohemia e dirixida por Javier Fernández Mariño. Esta obra narra a rebelión dos meses, encabezados por febreiro, contra xaneiro, o seu señor. Cada un dos meses vai describindo as actividades que lle son propias e que aparecen reflectidas no calendario agrícola do capitel da igrexa de Santa María do Azougue.

Xoves, 11 de Sant Iago

15:00 h
  • Remate da colocación das paradas de venda da XXV edición da Feira Franca Medieval.
18:00 h
  • Os/as artesáns/as chegados/as de todos os lugares e recunchos de España abren as súas paradas para ofrecerlles o mellor das súas terras ás persoas que queiran mercar ou observar os seus produtos.
  • Apertura do RECUNCHO INFANTIL situado na praza dos Irmáns García Naveira e da zona de OBRADOIROS DEMOSTRATIVOS de oficios tradicionais situados no cantón de Claudino Pita. Estes últimos correrán por conta da compañía Hípica Celta.
20:30 h
  • DANZAS GREMIAS DE BETANZOS na praza dos Irmáns García Naveira. Interpretación das danzas de Mariñeiros e Labradores por conta do Grupo de Danzas Xóvenes do Pobo, e das Danzas de Xastres e Zapateiros por conta do Grupo Azougue da Escola Municipal de Folclore.
22:30 h
  • ESPECTÁCULO DE LUME por conta do grupo YEMAYA na Praza da Constitución. Combinado tamén con pirotecnia, danza e malabares, Os e as artistas realizarán movementos cativadores e malabares mentres manipulan lume e outros obxectos incandescentes creando un ambiente máxico e inesquecible para o público.
  • Durante a tarde actuarán por toda a feira o grupo de música ACIBREIRA, OS BRINQUEIROS, e O FAUNO. Haberá tamén exhibición de CETRARÍA na rúa Nova.
  • O RECUNCHO INFANTIL da praza dos Irmáns García Naveira permanecerá aberto ata as 22:00 h. Co mesmo horario funcionarán o resto das atraccións para os rapaces e rapazas.

Venres, 12 de Sant Iago

11:30 h
  • Apertura das paradas.
  • Apertura do RECUNCHO INFANTIL situado na praza dos Irmáns García Naveira e da zona de OBRADOIROS DEMOSTRATIVOS de oficios tradicionais situados no cantón de Claudino Pita.
12:00 h
  • Comezarán a percorrer a Feira os pasarrúas de Acibreira e O Fauno.
18:00 h
  • Apertura das paradas.
  • Apertura do RECUNCHO INFANTIL situado na praza dos Irmáns García Naveira e da zona de OBRADOIROS DEMOSTRATIVOS de oficios tradicionais situados no cantón de Claudino Pita.
19:30 h
  • Actuación de Kote Malabar na praza da Constitución.
21:00 h
  • O señor de Andrade honra a todos os seus vasalos coa chegada á praza da Constitución desta real cidade.
  • Nobres e campesiños presentaranlle as súas queixas e pedimentos por medio do notario Xoán Branco e haberá danzas nobres e campesiñas coa colaboración da escola de danza Danzarte e danzas mouras por conta das VOLUNTARIAS da Feira Franca Medieval. O pregón correrá por conta de José Raimundo Núñez-Varela y Lendoiro, historiador, investigador e cronista oficial dos concellos de Betanzos, Miño e Paderne.
  • Para rematar a ilustrísima señora rexedora da cidade de Betanzos abrirá oficialmente a XXV edición de FEIRA FRANCA MEDIEVAL de Betanzos.
23:00 h
  • Na Praza dos Irmáns García Naveira os membros do CLUB DE BALONCESTO SANTO DOMINGO DE BETANZOS representarán o incendio da cidade do século XVI cunha simpática carreira de bocoi.
24:00 h
  • Na praza da Constitución espectáculo Fire Performance por conta da compañía Hípica Celta. Unha experiencia fascinante, na que as chamas bailan ao ritmo da música creando un espectáculo de lume e sombra que deixará ao público marabillado.
  • Durante todo o día haberá espectáculos de malabarismo, música, teatro, etc. Actuarán por toda a feira o grupo de música Acibreira, os Brinqueiros, o Fauno, e Troula Animación con espectáculos de percusión e lume. Haberá exhibición de TIRO CON ARCO no adro de Santa María e de CETRARÍA na rúa Nova.
  • RECUNCHO INFANTIL da praza dos Irmáns García Naveira, permanecerá aberto ata as 22:00 h, co mesmo horario funcionarán o resto das atraccións para os rapaces e rapazas.

Sábado, 13 de Sant Iago

11:30 h
  • Apertura das paradas.
  • Apertura do RECUNCHO INFANTIL situado na praza dos Irmáns García Naveira e da zona de OBRADOIROS DEMOSTRATIVOS de oficios tradicionais situados no Cantón de Claudino Pita.
12:00 h
  • Comezarán a percorrer a Feira os pasarrúas de MÚSICOS, CÓMICOS e MALABARES, así como o grupo de teatro La Recua.
12:30 h
  • Actuación do Mago Gonzálvez na praza da Constitución.
  • Actuación de Kote Malabar no adro de Santa María.
13:30 h
  • Na praza da Constitución, chegada dos mouros ao mando de Yussuf Hammar para esixirlle á cidade de Betanzos as doncelas que ten que entregarlle ao califa de Córdoba. As mozas mouras que acompañan a Yussuf deleitaranos cunhas fermosas danzas.
17:00 h
  • Apertura das paradas.
18:00 h
  • Apertura do RECUNCHO INFANTIL situado na praza dos Irmáns García Naveira e da zona de OBRADOIROS DEMOSTRATIVOS de oficios tradicionais situados no Cantón de Claudino Pita.
19:00 h
  • Revolución irmandiña coa proclama do mercador Afonso de Carballido, danzas campesiñas por conta da escola de danza Danzarte e a continuación actuación do grupo Azougue da Escola Municipal de Folclore de Betanzos.
20:00 h
  • Actuación de Kote Malabar na praza da Constitución.
20:00 h
  • Actuación do Mago Gonzálvez no adro de Santa María.
21:00 h
  • Danza oriental no adro de Santa María por conta do grupo Mahaila.
24:00 h
  • Na praza da Constitución, espectáculo de pirotecnia, zancudos e lume por conta do grupo de teatro La Recua e representación dun Aquelarre.
  • Durante todo o día percorrerán a feira o grupo de música Acibreira, os Brinqueiros, o Fauno, e o grupo de teatro La Recua e haberá tamén exhibicións de TIRO CON ARCO no adro de Santa María e de CETRARÍA na rúa Nova.
  • RECUNCHO INFANTIL na praza dos Irmáns García Naveira desde as 11:00 h ata as 14:00 h e desde as 18:00 h ata as 22:00 h.

Domingo, 14 de Sant Iago

11:30 h
  • Apertura das paradas.
  • Apertura do RECUNCHO INFANTIL situado na praza dos Irmáns García Naveira e da zona de OBRADOIROS DEMOSTRATIVOS de oficios tradicionais situados no Cantón de Claudino Pita.
12:30 h
  • Actuación de Kote Malabar na praza da Constitución.
  • Actuación do Mago Gonzálvez no adro de Santa María.
13:30 h
  • Escena da expulsión dos leprosos e leprosas que parten da praza dos Irmáns García Naveira, interpretada pola xente colaboradora da organización e que rememora un feito histórico da cidade.
17:00 h
  • Apertura das paradas.
18:00 h
  • Apertura do RECUNCHO INFANTIL situado na praza dos Irmáns García Naveira e da zona de OBRADOIROS DEMOSTRATIVOS de oficios tradicionais situados no cantón de Claudino Pita.
  • Torneo Medieval a cabalo na praza dos Irmáns García Naveira con exhibición dos cabaleiros ademais de CETRARÍA. Espectáculo de baile nobre e campesiño por conta da escola de danza Danzarte.
20:00 h
  • Actuación do Mago Gonzálvez na praza da Constitución.
  • Actuación de Kote Malabar no adro de Santa María.
23:00 h
  • Na praza da Constitución espectáculo por conta do grupo de teatro La Recua.
23:30 h
  • Danzas mouras por conta das mozas voluntarias de Betanzos e colaboradoras da organización.
  • Durante todo o día percorrerán a feira o grupo de música Acibreira, os Brinqueiros, o Fauno o grupo de teatro La Recua, e haberá tamén exhibicións de TIRO CON ARCO no adro de Santa María e CETRARÍA na rúa Nova.
  • RECUNCHO INFANTIL na praza dos Irmáns García Naveira desde as 11:00 h ata as 14:00 h e dende as 18:00 h ata as 22:00 h.

Información del lugar

Lugar:Concello de Betanzos
Dirección:Praza de Galicia, 1,
Código postal:15300
Localidad:Betanzos (A CORUÑA)
Teléfono:981 77 66 66
Página web:Web oficial Concello de Betanzos
Más info:Noticias sobre Betanzos
Más info:Noticias sobre Concello de Betanzos
Útil