E xa van 5 anos dos Premios Paraugas
Os Premios Paraugas celebraron a súa quinta edición nun formato online para seguir destacando o talento galego na comunicación.
4 marzo, 2021 17:01O pasado 12 de febreiro foi un día de festa para o marketing e a comunicación en Galicia. Unha festa comedida, on line, pero festa ao fin e ao cabo.
Faltaron cousas: o evento de presentación dos finalistas, as homenaxes, o viño e os pinchos trala gala… e sobre todo faltounos o contacto humano; pero fomos quen de innovar con novas categorías, e fomos quen de adaptarnos á situación que nos toca vivir e demostrar que o sector está máis vivo ca nunca.
Porque nós non paramos nunca de traballar, o noso sector nunca deixou de rendir. Con máis doses de creatividade ca nunca, con máis xenerosidade ca nunca… este foi, e seguirá sendo, a nosa forma de ser, o espírito que fai que este Clúster, o Clúster de Comunicación de Galicia, exista.
Hai 5 anos non había nada. Non había forma de coñecer e recoñecer o talento que hai en Galicia en deseño, en creatividade, en impresión, en dixital, en marketing, en eventos, en comunicación… simplemente había que crear algo así. Con todas as dificultades do mundo e o apoio dos patrocinadores que nos axudaron dende o primeiro día, e o empuxe, vontade e compromiso da xunta directiva do Clúster que me acompaña dende hai 6 anos.
Porque en Galicia chove talento a raudales. Somos potencia mundial nestos eidos. Temos recoñecementos a nivel internacional en prácticamente todas estas disciplinas, pero sabedes cal é o problema? Que os/as propios/as galegos/as non somos conscientes do potencial que temos. Nun eido ademáis que require de pouca inversión en inmovilizado e que é quen de crear moitísima riqueza.
Galicia ten a oportunidade histórica de poñerse á fronte dunha industria. A industria creativa.
Xa temos os mellores produtos, os mellores servizos, o noso carácter empresarial fainos ser fiables, traballadores… só fai falta que o sepamos vender, e utilicemos a nosa retranca, o noso bilingüismo, as nosas características únicas para crear unha proposta universalmente diferente. E ahí, neste mundo globalizado e hiperconectado, aparecerá a oportunidade.
Nós, o noso Clúster, xa somos un exemplo disto. Non hai outro igual ao noso Clúster en todo o mundo. Una entidade que dun xeito vertical aglutina a toda a cadena de valor da comunicación dun territorio.
Invirtamos en ferramentas por suposto, pero máis en metodoloxía. Porque o importante non é ter ferramentas, que tamén, o importante é saber qué facer con elas. O importante é como podemos innovar, diferenciarnos da competencia usando a maxia da creatividade o deseño en todos os ámbitos da xestión.
Dende o Clúster da Comunicación de Galicia estaremos ahí, non sei se liderando, pero dende logo si empurrando, e deixándonos a pel para que os nosos socios, os nosos sectores avancen e sexan cada vez máis fortes. Porque só así seremos un país moderno e poderemos dicirlle aos nosos fillos que para ser alguén no mundo non hai que vivir fóra, que aquí temos todo o que precisamos para triunfar e deixar pegada.
Xosé Luis Reza, presidente do Clúster da Comunicación de Galicia e de Markea, Asociación Galega de Marketing