O percorrido sairá de Esteiro ás 17:00 horas.

O percorrido sairá de Esteiro ás 17:00 horas. Fundaçom Artábria

Ferrolterra

Chega o Apalpador a Ferrol: Música e tradición nos barrios de Esteiro e A Magdalena

A comitiva sairá ás 17:00 horas da Fundaçom Artábria e rematará o percorrido no Cantón de Molíns

23 diciembre, 2021 10:06

O Apalpador chegou a Ferrol e esta tarde, a partires das 17:00 horas, percorrerá os barrios de Esteiro e A Magdalena xunto a un grupo de trasnas e o acompañamento da música da Banda Xoldaina.

A comitiva sairá da Fundaçom Artábria e percorrerá Batallóns, Ánimas, Españoleto, Avenida de Vigo, Praza de Sevilla, Praza de España, rúas Galiano, Dores, Praza de Armas, rúas Real e Terra e culminará a súa ruada no Cantón de Molíns.

Fundaçom Artábria, en colaboración có concello de Ferrol, promove esta inicativa que cumpre dez anos e coa que buscan promover esta figura máxica do natal galego entre os máis pequenos da casa.