Marta Lois cambiou Santiago de Compostela por Madrid hai só uns meses para ser a portavoz parlamentaria de Sumar, e agora percorre o camiño de volta para aspirar á presidencia da Xunta de Galicia. As enquisas danlle posibilidades de obter representación tanto na Coruña como en Pontevedra, e Lois ten uns días máis de campaña para convencer aos galegos de que Sumar pode ser vital nun goberno de esquerdas en Galicia, capitalizando as medidas impulsadas por Yolanda Díaz en Madrid.
O mesmo día que a borrasca Karlotta azoutaba Galicia, Lois respondeunos a algunhas das cuestións sobre as propostas de Sumar para a comunidade, como o coidado da saúde mental, os impostos de sucesións e patrimonio ou a renda mínima de 600 euros para as persoas entre 18 e 30 anos.
Ao contrario que Besteiro, vostede deixou a súa acta de diputada en Madrid, e un posto de certa relevancia nacional, como ser a portavoz de Sumar, para, digamos, “tirarse ao vacío” no bo sentido aquí nas eleccións galegas. A que se debe este cambio? Agardas que o electorado valore esa valentía?
Bueno, eu quero ser coherente. Dende o minuto no que tomei a decisión e din un paso adiante para ser a candidata a Xunta de Galicia por Sumar Galicia, foi tamén unha honra e unha responsabilidade grande. Derivada tamén de que viña efectivamente de ser a voceira do grupo plurinacional de Sumar. E, fundamentalmente, alí tamén me sentí sempre defensora dos intereses e dos dereitos das galegas e dos galegos.
O señor Rueda adiantou as eleccións, quíxoas meter entre Nadal e o Entroido para ver si era o mero trámite. E dende Sumar Galicia quixemos ir con todas. E ir con todas significa que hai un momento como este, a convocatoria dunhas eleccións galegas, onde o meu perfil, a miña experiencia de goberno na capital do país, a miña experiencia parlamentaria, se considerou valiosa, para poder enfrentarme a ese desafío e a esas responsabilidades con ilusión, con moita ilusión.
Rueda, Pontón e Besteiro falan como candidatos a presidente e presidenta, pero no debate ti dalgún xeito asumías que a representación que obteña Sumar vai ser menor, e apostas por un tripartito no que estea integrado Sumar. Pensas que se vai contar con vos para formar parte do Goberno se a esquerda suma a maioría?
Bueno, eu estos días estouno repetindo, dende Sumar Galicia sabemos que vamos a xogar ese rol decisivo, as enquisas preelectorais e os estudos científicos indican que para que haxa ese cambio se necesita a forza de Sumar, a forza de Sumar Galicia, e Sumar, ademais, no Estado, leva facendo unhas políticas valentes, transformadoras e útiles. Polo tanto, claro que confío nese goberno a tres, e ademais porque eu creo que, aparte de darse ese cambio, un goberno con Sumar dentro é un goberno garantía de cumplir o que se promete e de facer políticas valentes. Estou convencida de que sí.
Se Sumar Galicia non estivese nese goberno, moitas políticas transformadoras non se farían. Esa é outra das cuestións que estes días estou tratando tamén de trasladarlle, aos nosos encontros sectoriais e coa xente coa que falo. Somos garantía de compromisos e de políticas útiles.
Bueno, esta entrevista estase facendo na Coruña onde hai un exemplo do que é un risco de división da esquerda. Nas pasadas municipais Marea Atlántica e Podemos na coalición Por Coruña foron por separado e as dúas coalicións quedaron a un chisco de obter representación. E se tivesen concurrido xuntas, terían obtido dous ou memos tres escanos, dependendo dos outros resultados. Teme que poida pasar algo similar con Podemos e Sumar aquí en Galicia. Por que non lograstes poñervos de acordo?
Bueno, eu creo que todo o mundo, a día de hoxe, sabe que Sumar Galicia no seu momento fixo o que tiña que facer. Pero xa pasou tempo deso, estamos nun tempo novo, estamos mirando ao futuro e Sumar Galicia, todos os inquéritos electorais indican que vamos, como te decía antes, a xogar ese papel decisivo. Polo tanto, creo que, tanto aquí, como nas políticas, como a subida do salario mínimo que se acaba de aprobar fai apenas uns días e que significa, por exemplo, unha mellora sustancial das condicións laborais de 136.000 galegas, son a nosa carta de solvencia, así como foi no seu momento a reforma laboral, a subida do salario mínimo durante moito tempo, dende o ano 2018 ata agora.
Creo que hai outra cuestión importante aquí. Non se trata de dividir o voto, trátase de ampliar o voto progresista. O 23 de xullo, houbo unhas eleccións xerais, como sabedes, Sumar Galicia foi terceira forza política e houbo un voto maioritariamente progresista en Galicia. O que estamos dicindo, día sí, día tamén, é que se ese voto progresista volve a votar como votou o 23 de xullo nestas galegas, o 18 de febreiro vai haber cambio. Polo tanto, non é fragmentación de voto, senón ampliación, expansión do voto progresista para o cambio histórico en Galicia.
Un dos temas desta campaña electoral está sendo a sanidade. Cales son as propostas de Sumar para mellorar a situación da sanidade pública en Galicia?
Ten que haber un plan de rescate da atención primaria, ten que haber unha aposta decidida por subir o orzamento un 25%, unha subida que non derive a que eses recursos económicos se vaian ás farmacéuticas ou á sanidade privada. O que está claro é que a día de hoxe a sanidade en Galicia, por culpa do Partido Popular e do señor Rueda, está claramente desmantelándose, está en coma. O que queremos a partir do 19 de febreiro, se hai cambio, eu comprometome a ese diálogo e a ese acordo para canto antes recuperar os servicios públicos, e nomeadamente á sanidade, que como te decía, está en coma debido ás políticas nefastas de parálise e de privatización do señor Rueda e do Partido Popular.
E no eido da sanidade privada, cal sería seria a estratexia? Porque ao final en Galicia hai unha parte importante de sanidade privada.
A idea é que paulatinamente toda esa oferta deixe de ser unha oferta para que haxa negocio, para que determinados hospitales e empresas sanitarias privadas se enriquezcan e se recupere para a pública esa atención e ese servicio. O que non pode ser que se maquillen as listas de agarda non oso país co Partido Popular porque, aparte de estar configuradas dunha maneira que leva a engano, porque os usuarios e usuarias do sistema galego de saúde entran esas listas tarde, e que despois, ademais, te ofrezan, se queres operarte antes, ir pola privada. Para Sumar Galicia o importante é que os recursos públicos dun goberno progresista fortalezcan a sanidade pública e non o negocio dos hospitales e das empresas privadas.
Outro dos temas importantes do día a día da xente, é o tema da vivenda. Particularmente nas cidades de Vigo, A Coruña, Santiago e Compostela, a vivenda ten subido nos últimos anos moitísimo, máis incluso ca IPC. Cal é o punto de vista de sumar Galicia neste sentido e que fariades de estar na Xunta?
Efectivamente, a vivenda a día a día hoxe, no noso país, é un dos graves problemas e desafíos. Para Sumar Galicia é outra das políticas prioritarias de levar a cabo neses primeiros 100 días. E o noso compromiso é que, a partir do 19 de febrero, se hai un goberno progresista, un goberno a tres con Sumar dentro, queremos que Galicia, despois de Cataluña, sexa á seguinte comunidade onde se lle poña un tope ao prezo do alugueiro.
Sumar Galicia é a forza política que dixo e vai a seguir dicindo que hai que ordenar a proliferación das vivendas de uso turístico porque o que non pode ser é que se expandan e se amplíen as vivendas de uso turístico e os estudantes, as familias, a xente moza en xeral teñan dificultades nas grandes cidades e naquelas vilas de natureza turística tamén para atopar un lugar para vivir. Polo tanto, son dous elementos centrais. Poñerlle o tope ao alugueiro. En este momento o Partido Popular, xa se quixese, podía facelo porque hai unha lei estatal que pode aplicar, e non aplica porque o señor Rueda e o Partido Popular está sempre máis interesado nos negocios privados que no dereito á vivenda das galegas e galegos. E, en segundo lugar, esa mesma proposta que leva Sumar ten que ver con definir as zonas altamente tensionadas polo turismo para, e nesas zonas, impedir, como che dicía antes, que podan seguir xurdindo e instalándose vivendas de uso turístico.
Outro dos temas no que máis desacordo hai é o tema da enerxía e como aproveitar os recursos de Galicia para a xeneración de energía. Cal é o punto de vista de Sumar Galicia neste sentido?
A ver, eu creo que o que non pode ser é que Galicia, que é un país que ten neste momento unha potencialidade enorme en termos de producción de enerxías limpas, de enerxías renovables, de apostar precisamente por esa industria verde, con un emprego de calidade no ámbito das industrias limpas é que, a día de hoxe, eso se convirta nun problema cando se fala, por exemplo, das eólicas.
Nós o que dicimos é que hai que potenciar as enerxías limpas e renovables, hai que cumplir a legislación vixente. Non podemos falar, polo tanto, de empresas, grandes empresas que se levan fora os beneficios e que tributan pouco. Sumar Galicia tamén vai apostar porque haxa tributos de xustiza fiscal importantes ás grandes empresas eléctricas. E, en último lugar, todo o que se faga en termos de enerxías renovables non se pode facer de costas ao sector primario, nin ao agro, nin ao sector do mar, e tampouco de costas ás comunidades dos territorios onde se instalen, onde se aposte efectivamente polas enerxías renovables e limpas.
Sumar aposta pola plurinacionalidade de España. Cal é o punto de vista sobre a identidade de Galicia. Non sodes nacionalistas, pero credes que Galicia é unha nación?
Sumar Galicia está ligado á Sumar, que no Parlamento, e no Congreso dos Deputados e Deputadas é un grupo plurinacional. Somos das forzas que o dixemos e o seguimos dicindo. Claro, o Estado español é un Estado plurinacional, polo tanto, non temos ningún problema en falar de Galicia como unha nacionalidade, como unha nación.
Dito esto, e cando nos diriximos en campaña aos galegos e galegas, Sumar Galicia non lle pregunta tanto a xente de onde ven, nin cal é o seu pedigrí ideolóxico en canto a sentimento de identidade nacional, senon que falamos do tipo de políticas que fai Sumar Galicia, que son políticas moi concretas. Nunca falamos de palabras, de grandes discursos, senón de feitos. E, por suposto, Sumar Galicia no seu programa tamén leva que iso significa maior dosis de autogoberno, maiores competencias e maiores recursos para exercer en ese sentido a nosa autonomía plenamente.
Creo que non hai dúbida de que o noso debate son as políticas útiles como nación, como comunidade nacional e con maiores dosis de autogoberno.
Sumar é, probablemente, dos partidos nacionais e dos partidos que se presentan en Galicia, dos que máis fixo da saúde mental unha das súas bandeiras. O feito de desestigmatizala, poñela no foco como algo importante. Que propostas tedes para o cuidado da saúde mental para os galegos en Galicia?
Como ben decías, non hai tanto o resto das forzas políticas tomábanse un pouco a broma o tema de poñer na axenda política dun país á saúde mental. A saúde mental é unha cuestión que non se abordou de maneira adecuada. Os datos que hai neste momento en España e en Galicia son escalofriantes.
Permíteme que simplemente chos lembre antes de falar das medidas. Once persoas se quitan a vida diariamente en España e desas once, unha cada día o fai en Galicia. Iso fala de vidas de homes e mulleres galegas e galegos que sofren, que teñen vidas con un nivel de sufrimiento moi forte. Que necesitamos? Necesitamos, e iso é o que levamos no noso programa, medidas para que haxa recursos tanto de acompañamento, e tamén en termos de equipos nos centros de saúde de persoal experto -unha psicóloga, un psicólogo, un equipo de psiquiatría-. Temos que ter acompañamento, recursos e vidas máis tranquilas.
Non pode ser que pasemos a semana tomando pastillas para aguantar moitas veces xornadas laborais ou situacións de gran precariedade. Nese sentido, a reducción da xornada laboral é outra das propostas que paralelamente ás medidas de ter en cada centro de saúde un psicólogo ou unha psicóloga, teñen que ver con ser vanguarda e apostar por a reducción da xornada laboral tamén no noso país.
Unha das cousas que sinalou Rueda no debate é o tema do imposto de sucesións. Parece que estaba directamente apelando a Sumar. Cale é o punto de vista de sumar neste sentido?
Vouche poñer un exemplo claro do que queremos. Efectivamente, nós queremos restablecer o imposto de sucesións, pero queremos distinguir cal é sempre a filosofía de Sumar Galicia. As grandes herdanzas, cando estamos falando dun património e dunha herdanza moi elevada, Sumar Galicia o que quere é precisamente que aqueles que máis teñen, aquelas herdanzas de familias ou de persoas máis ricas, tributen por elo.
Non se trata dun imposto de sucesións para que un galego, unha galega ou unha familia que herde, unha pequena casa ou unha única vivenda ou un pequeno terreo este gravado. Alí vai haber bonificacións. Para Sumar Galicia o imposto de sucesións hai que restablecelo e hai que gravar fundamentalmente as grandes herdanzas, aquelas que supoñen aumentos importantes e sustantivos de património. E logo acompañalo con importantes bonificacións ás familias e aos galegos e galegas que teñen salarios ou circunstancias económicas normais, de ingresos medios ou baixos, que non serían de xustiza que foran gravados por unha herdanza menor.
Imaxínate, pois alguén que herda dez pisos ou unha cantidade moi elevada de patrimonio de terreos. Lóxicamente, queremos volver a colocar o imposto de sucesións pero tamén con bonificacións ás familias humildes e traballadoras, que poidan herdar da súa nai ou do seu pai unha casa ou un pequeno terreo.
E sobre o imposto de patrimonio. Cal é a vosa visión en Galicia?
En Galicia o que está pasando é que o señor Rueda e o Partido Popular levan facendo agasallos fiscais aos seus amigos ricos durante todos estes catorce anos de desleixo. O que queremos é poñer en evidencia que o imposto de património en Galicia está e estivo deseñado precisamente para non gravar as persoas que máis teñen. Para non gravar as persoas ricas. O Partido Popular e Rueda e o señor Feijóo no seu momento o que fixo é colocar un umbral tan elevado, para persoas con un nivel de património tan elevado dos que, por suposto, eu non coñezo a ninguén, pero seguramente o señor Rueda e Feijóo si. E o que queremos é que ese imposto sobre património en Galicia teña uns umbrais adecuados para que calquera persoa que teña un património por riba do medio millón de euros poida tributar como é debido. Porque a xustiza fiscal pasa pola redistribución e os que máis teñen, as persoas máis ricas, teñen que pagar máis, lóxicamente.
Finalmente, unha das propostas de Sumar que máis chama a atención é a da renta mínima de 600 euros para as persoas entre 18 e 30 anos. En que consistiría e como se sufragaría por parte dos orzamentos?
Primeiro unha cuestión que falamos antes, para poñer en contexto. Primeiro somos unha forza política que aposta tamén por medidas innovadoras, esta cuestión das rentas universais que elevamos no noso programa son medidas de innovación democrática e transformadoras moi importantes. Os xóvenes, a xente moza en Galicia, o recente informe do Injuve di que non se poden emancipar e cando se emancipan é á edades xa moi tardías, moi maiores. E en Galicia especialmente moito máis que en España.
Unha maneira de axudar a emancipación, de que unha moza ou un mozo poidan alugar un piso, poidan establecer un proxecto de vida, é a través dunha renda universal de mozos ou mozas entre 18 e 30 anos. Queremos facer un seguimento dun proxecto piloto desta renda con xóvenes para ver efectivamente se iso permitiu axudar a ese proxecto de vida e a esa incorporación. De onde se sacan os recursos? Os recursos, como dicíamos antes, e Sumar Galicia moi claro, pois dos impostos ás eléctricas, dos impostos aos que máis teñen e un plan de finanzamento adecuado a captar recursos públicos que os reconduzcamos ao gasto social e, neste caso, á rendas, é a nosa fórmula.
É dicir, impostos. Impostos, como fixemos no Estado, á banca e ás eléctricas, impostos ás grandes empresas que máis tributan e logo un plan de finanzamento onde tamén falamos da condonación da débeda para Galicia. Temos no noso programa que se faga efectiva a condonación da débeda, e vai permitir ter uns recursos económicos importantes que van a ir a onde máis se necesitan. Neste caso, a políticas de renda emancipatórias para xente moza en Galicia.