Carballo (A Coruña) concede ayudas a 93 familias para pagar las facturas de la luz
Cada una de las familias recibirá en las próximas semanas una ayuda de 200 euros en un pago único correspondiente a 2021
11 abril, 2022 16:38A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria de este luns a concesión de axudas para o pagamento do subministro enerxético a 93 familias do noso concello. Só foron rexeitadas tres solicitudes, dúas delas porque se presentaron fóra de prazo e a terceira, por non cumprir cos requisitos establecidos.
As subvencións van destinadas a persoas maiores 18 anos ou menores emancipadas empadroadas no concello e que cumpran determinadas condicións. As principais son: ser beneficiarias do bono social das diferentes comercializadoras de electricidade ou recibir durante o ano 2021, polo menos durante seis meses, osixenoterapia domiciliaria.
Con esta medida, impulsada dende a Concellaría de Igualdade e Benestar, dende o Concello de Carballo se pretende axudar aos veciños con máis dificultades para facer fronte ás facturas da luz. Cada unha das 93 familias beneficiarias recibirá nas vindeiras semanas unha axuda de 200 euros nun pago único, correspondente á anualidade 2021.
Complemento autonómico
As subvencións do Concello de Carballo son compatibles ademais con outras liñas de axuda. A Consellería de Política Social tamén vén de publicar as resolucións de concesión directa de axudas destinadas a paliar a pobreza enerxética correspondentes ao bono social térmico do ano 2021. Neste caso, a Xunta de Galicia achega un complemento de 100 euros a cada familia beneficiaria.
A relación de persoas beneficiarias pode consultarse no apartado da web adicado ao bono, onde consta unicamente o DNI, o importe que lle corresponde e se a documentación está completa ou é necesario que achegue algún tipo de información complementaria. Indícase así mesmo a posibilidade de actualizar información ou renunciar ás axudas. Esta mesma información remítese de xeito individualizado por carta a cada persoa perceptora.